Se ves esta mesaxe significa que
o teu navegador ten inhablitado ou non soporta Javascripts,
ou que non tes Flashplayer instalado no teu ordenador.
• Compoñente 2
• Compoñente 3
• Compoñente 4
• Socios locais
• PAGUS - América Latina
• Publicacións
Informes coordinadores rexionais
 
O programa Pagus

O Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é unha Operación
Marco Rexional (OMR) que se desenvolveu no ámbito da zona Sur do Programa
INTERREG III-C da Comisión Europea.
O seu obxectivo principal é desenvolver estratexias e instrumentos comúns
para a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos
das cidades europeas a través de diferentes tipos de accións integradas.
A modalidade de intervención da Operación Marco Rexional fundaméntase
na acción coordinada das autoridades rexionais do programa para fomentar,
apoiar e facilitar a acción concertada de entidades locais destas mesmas
rexións que resultan beneficiarias de proxectos concretos.

Antecedentes

A iniciativa Pagus, baixo o liderado de Úmbria (Italia), foi xestándose durante o ano 2003 a partir da experiencia obtida como resultado da realización de obradoiros de rehabilitación en Santiago de Compostela e a colaboración entre técnicos de varias das rexións participantes para estender e enriquecer esta experiencia.
Tras ser aprobada a OMR pola Autoridade Única de Xestión de Interreg III-C Sur, en 2004 subscribiuse o Convenio entre os socios participantes. Nel recóllense os detalles de organización e relación entre os socios rexionais polos que se gobernou este programa. Desde entón, e baixo o liderado de Umbría, executouse o Programa Pagus nun período de 39 meses.

Liñas de actuación dos proxectos

Desenvolvéronse as actividades:

  • Accións de mellora da cualificación dos técnicos e responsables administrativos en materia de planificación e xestión de proxectos de renovación urbana.
  • Realización e xestión de proxectos de renovación urbana.
  • Realización de estudos sobre accesibilidade aos centros históricos.
  • Elaboración de proxectos de utilización da comunicación e novas tecnoloxías para a revalorización do uso de centros históricos.

Puxéronse en marcha instrumentos operativos compartidos entre as
52 entidades locais participantes nas seis rexións do programa, fomentando a transferencia de experiencias e prácticas entre os socios participantes.

 Financiamento

Os recursos económicos empregados no Programa Pagus proviñeron do compromiso de financiamento FEDER que achegou a maior parte do orzamento total. A cantidade restante é achegada polas distintas rexións participantes.
 
Socios: Regione Umbria | Consellería de Vivenda e Solo - IGVS - Xunta de Galicia | Junta de Andalucía - EPSA | Norte de Portugal - AMAVE | Malta | Grecia - Macedonia - Tracia
Entidades colaboradoras: Comisión Europea - Interreg IIIC Sur | PAGUS. Progr. de Asist. y Gestión Urb. Sostenible | Concello de Santiago | Consellería de Vivenda e Solo - IGVS - Xunta de Galicia | CAT / COAG. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Universidade de Santiago de Compostela | FEGAMP. Federación Galega de Municipios e Provincias